QUENES SOMOS?
Carpintería Crego nace ala na década dos 80 nun cuberto con tablóns apilados, como nacen o 90 % das carpinterías galegas nesa época.
Devido á demanda de traballos e encargas naqueles tempos fórmase un equipo humano para cubrir as necesidades de amigos, familiares e coñecidos… empuxados polo bo facer do oficio.
Parte do equipo que se formou no cal se iniciou esta actividade ala polos 80, segue en activo na actualidade desempeñando unha labor fundamental no bo facer do oficio, facendo así unha traxectoria con unha experiencia e sabedoría moi estendida. Sendo así, novos carpinteiros levados da man por este persoal, son formados e convertidos en traballadores con bases experimentadas.
QUE FACEMOS?

Atender ó cliente, escoitalo e ver as necesidades que precisa para ofrecerlle solucións.
Na Carpintería Crego fabricamos e instalamos mobles, estruturas de madeira, cubertas, porches, armarios, portas, escaleiras… é dicir, carpintería en xeral.
Na carpintería estase a traballar para incorporar novas tecnoloxías, tanto en maquinaria de fabricación, coma en deseño, materiais e sistemas de montaxe, para ser o máis axil posible e buscando sempre a perfección, levando así o acabado final a un moi alto nivel.

A nosa satisfacción é a satisfacción do cliente.
Realizamos o noso traballo con moito amor pola profesión e pola seriedade que implica cada proxecto.
Ofrecemos ó cliente un servizo integral e personalizado sobre a base da nosa experiencia, dándolle sempre a maior importancia ó remate final xunto ca funcionalidade.
A nos encántanos crear, deseñar e desfrutar cada traballo dende unha idea trasladada ao papel, ata o remate final.
QUE FIXEMOS?
O largo destes anos, son incontables os traballos realizados: cociñas, armarios, vestiarios, librerías, portas de paso, portas de deseño, escaleiras, porches, restauracións, etc. É dicir, todo o que imaxines que se poida facer con madeira e táboas, iso facemos.
Pero coma unha imaxe vale máis que mil palabras, mostramos unha pequena galería resumo dos nosos traballos.
GALERÍA































